Día Internacional dos Museos, 18 Maio.
Imos de celebración en celebración, porque onte, 18 de maio, foi o Día Internacional dos Museos. Como acontece con outras datas sinaladas, cada ano escóllese un lema para a celebración. O deste ano 2020 foi “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”. O cartel escollido polo ICOM (International Council of Museums = Consello Internacional dos Museos) , o máximo organismo mundial dos museos e profesionais que traballan nos museos, foi este: Fonte da imaxe: https://icom.museum/es/ “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” significa museos accesibles a todos e todas, pero tamén a todas as ideas e a todas as miradas. O cartel trata de representar a diversidade, pero se vos fixades os debuxos repítense. As persoas están representadas de medio corpo, co tronco de fronte e a cabeza de perfil. A continuación, preséntovos tres museos e tres propostas, para que poidades entretervos ao tempo que practicades galego, castelán e inglés: 1....