🎶🎶 Algunhas propostas musicais.... 😄 Aí vén o maio Luis Emilio Batallán Aí vén o maio de frores cuberto ... Puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvos o probe do pobo galego: pra min non hai maio, pra min sempre é inverno! ... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan os meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. Queredes castañas dos meus castiñeiros? ... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos; un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. Para rematar déixovos un enlace que me pareceu interesante relacionado coa música: e tamén coa cultura musical mexicana. Estades preparados para vivir unha aventura con Sonidín? Terás que pasar tres...