PROPOSTAS TRABALLO mércores 17 Xuño (L.G.,Mate,L.C.,E.F.).
Boas como estades??!! Hoxe veremos a última das emocións que traballamos durante este tempo distinto que estamos vivindo . Se vos gustaron coñeceremos máis emocións á volta, parécevos? O mércores pasado falamos da felicidade e a lectura remataba dicindo que . . . : "A felicidade é unha sensación de satisfacción cara á túa propia persoa, non a confundas coa alegría " . Acórdaste!! Que ben!! Estupendo!! Pois entón a tarefa de hoxe ten que ver coa alegría . Seguimos traballando as emocións co libro do Emocionario Musical de Palabras Aladas. (Proxecto Aula de Elena) Antes de observar a imaxe atende e pensa ben estas preguntas para fixarte mellor: - Que poden estar dicindo se nos fixamos nos seus rostros? - En que ocasións dixeches ti algo similar? - Por que cres que están contentos? - Que hai de divertido no que fan? - Cres que seguirán igual de con...