Día Internacional dos Museos, 18 Maio.


Imos de celebración en celebración, porque onte, 18 de maio, foi o Día Internacional dos Museos. 

Como acontece con outras datas sinaladas, cada ano escóllese un lema para a celebración. O deste ano 2020 foi 
“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”.
O cartel escollido polo ICOM (International Council of Museums = Consello Internacional dos Museos), o máximo organismo mundial dos museos e profesionais que traballan nos museos, foi este:

Fonte da imaxe: https://icom.museum/es/

“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” significa museos accesibles a todos e todas, pero tamén a todas as ideas e a todas as miradas. O cartel trata de representar a diversidade, pero se vos fixades os debuxos repítense. As persoas están representadas de medio corpo, co tronco de fronte e a cabeza de perfil.


A continuación, preséntovos tres museos e tres propostas, para que poidades entretervos ao tempo que practicades galego, castelán e inglés:

1.- MUSEO DE PONTEVEDRA

Comezamos por un museo que está na cidade de Pontevedra, o Museo de Pontevedra.


Na súa sección “O Museo en familia” presenta varias actividades que podedes realizar na casa. Recoméndovos facer unha das relacionadas coa exposición “Debuxantas. Pioneiras da ilustración”:
Neste pdf podedes atopar información en galego sobre a exposición, unha proposta para facer un lapiseiro, varias das obras expostas cunha breve explicación e un marco baleiro para crear a vosa propia obra de arte.

2- MUSEO NACIONAL DEL PRADO



O Museo del Prado está en Madrid e para celebrar o 18 de maio presentou na súa páxina web unha actividade na que os personaxes dos cadros saen á rúa para acompañar a todas as persoas que, en circunstancias normais, pasearían polo Paseo del Prado e farían cola para entrar no museo. Aceptades o reto de localizalos no debuxo? Pinchade no enlace:

3.- TATE KIDS


A Galería Nacional de Arte Británica e Arte Moderna de Inglaterra está composta por catro museos: Tate Britain e Tate Modern están en Londres, mentres que Tate St. Ives está en Cornwall e Tate Liverpool, como o seu nome indica, en Liverpool. Teñen unha grande presenza en internet, e unha das súas páxinas web é Tate Kids, que ofrece información, vídeos, fotografías de obras de arte, xogos e propostas de manualidades para os nenos e nenas. Animádevos a explorala pinchando neste enlace: 

Agardo que vos gustara algún destes recursos! Se non tivestes tempo a exploralos todos non importa, podedes utilizalos outro día.



Entradas populares de este blog

Festa dos Maios en Galicia

Musiqueando 🎶🎶

🌞HAPPY HOLIDAYS!😎