PROGRAMACIÓN EDUCATIVA NA TV

Hoxe arrancou a emisión en varias canles de televisión dunha programación especial de tipo educativo para facilitar a aprendizaxe do alumnado durante as suspensión das clases presenciais. Estas propostas non substitúen ás dos centros educativos, pero son complementarias.

Proporcionámosvos a información por se resulta do voso interese:

Clan TV e La 2 de TVE: “APRENDEMOS EN CASA”

Programación:
Luns: Matemáticas
Martes: Ciencias Sociais
Mércores: Ed. Artística e Ed. Física
Xoves: Lengua e Idiomas
Venres: Ciencias Naturais

Horarios, idades e canle: 
6-8 anos - 9:00-10:00 – Clan TV
8-10 anos - 10:00-11:00 – Clan TV
10-12 anos – 11:00-12:00 – Clan TV
12-14 anos – 12:00-13:00 – La 2 TVE
14-16 anos- 13:00-14:00 – La 2 TVE

G2 da CRTVG: Programación educativa

Emisións de 11:00 a 13:00

11:00- Era unha vez... o home”: serie animada creada por Albert Barillé na que se aborda a historia da humanidade.

11:30- Era unha vez... os exploradores”: serie animada creada por Albert Barillé na que se aborda a historia dos grandes descubrimentos xeográficos.

11:55- “Aquelando tamén quedamos na casa”: experimentos e trucos relacionados con distintas materias, para todas as etapas educativas.

12:05- “Criaturas": programa que achega ao público máis novo o medio natural e os animais.


12:30- “Xeoclip": contidos de Xeoloxía, Bioloxía e Xeografía e Historia, para a ESO e Bacharelato.

Entradas populares de este blog

Festa dos Maios en Galicia

Musiqueando 🎶🎶

🌞HAPPY HOLIDAYS!😎