Como entrar na aula virtual e entregar tarefas
Bos días!
Ao longo do día de hoxe enviareille ás vosas familias a través de abalarMóbil o voso nome de usuario e contrasinal para que poidades acceder á Aula Virtual do Colexio (Moodle), que empregaremos, polo momento, para recibir e poder comentar os vosos traballos.
Para acceder á Aula Virtual só tedes que entrar na páxina web do Colexio, www.colexionslourdes.es e, en Enlaces, premer sobre Aula Virtual (acceso restrinxido). A continuación, introducides os vosos datos (usuario e contrasinal) e poderedes ver as áreas nas que estades matriculados. Dentro dalgunhas áreas hai xa creadas entradas para a entrega dalgúns dos traballos que vos pedimos que gardarades. Iremos engadindo máis pouco a pouco. Tamén hai a opción de entregar algún outro traballo que fixerades e que vos faga ilusión compartir con nós.
Para guiarvos no proceso preparamos este vídeo:
Para facer as entregas dos vosos traballos dixitais tedes que agregar os arquivos e gardalos. Para entregar os textos manuscritos e as composicións plásticas, podedes sacarlles unha fotografía. Tamén podedes empregar un recurso gratuíto, Microsoft Office Lens – PDF Scanner. Posibilita facer unha foto de calquera documento (PDF, ficha, folio, folla da libreta…) co teléfono móbil 📱 e convertela automaticamente a formato PDF 📜, co cal é máis doado de gardar e de enviar. Deixámosvos os enlaces ás páxinas onde poderedes atopar a información desta ferramenta 👇 .
App Store:
Google Play:
👉https://play.google.com/store/apps/details?id=com.microsoft.office.officelens&gl=ES👈
Saúdos,
A vosa titora.😁
Saúdos,
A vosa titora.😁
