VACACIÓNS SEMANA SANTA

Queridos nenos e nenas,

Como sabedes, mañá comezan as vacacións de Semana Santa. Durarán dende o sábado 4 de abril ata o luns 13 de abril (incluído).

Durante estes días para entretervos podedes facer de forma totalmente voluntaria algunhas das actividades que figuran na proposta xeral de actividades (o primeiro post), actividades recomendadas que non fixestes antes ou as que aínda se publicarán despois deste post.

Tamén vos podedes mover e relaxar volvendo a facer as actividades presentadas nas diferentes entradas de Educación Física (podedes buscalas pola etiqueta).

Imaxe de Susanne Jutzeler, suju-foto en Pixabay

¡Moito ánimo!

Os meus mellores desexos para esta Semana Santa atípica, para vós e as vosas familias

Unha forte aperta da vosa titora 😁😁


Entradas populares de este blog

Festa dos Maios en Galicia

Musiqueando 🎶🎶

🌞HAPPY HOLIDAYS!😎