PROPOSTAS TRABALLO Mércores 15 Abril (L.G,Mate, LC.,E.F.)
A proposta de hoxe é a seguinte. Observa esta imaxe ao mesmo tempo que escoitas a música ←
Tenrura
Algúns seres espertan a nosa tenrura: unha ovelliña, unha árbore a piques de abrollar, un avó amoroso... A tenrura é achegamento afecto e compaixón.
Sentimos tenrura ante persoas, seres e obxectos indefensos ou ante os que non nos sentimos ameazados.
Onde está a tenrura?
A tenrura está no teu interior. Pero son os demais os que abrirán as portas da túa propia tenrura. A súa fraxilidade esperta o noso desexo de ser agarimosos, atentos, comprensivos.
A tenrura é unha invitación ao amor.
Gustouche? Pois agora le o texto anterior en alto, a quen ti queiras, ou tamén podes gravarte lendo sen esquecer a música de fondo! Despois, si o fas como un verdadeiro profesional podes utilizalo para facer Mindfulness cando o necesites.😍
Lembra preparar ben a lectura para non cometer erros. Seguiremos traballando as emocións co libro do Emocionario Musical (Proxecto Aula de Elena) de Palabras Aladas. Bo traballo!!

Encuentra 100 en pdf 📘
La dejo aquí en pdf, para poder leerla tranquilamente y sin conexión, o si queréis imprimirla 📕










