PROPOSTA DE TRABALLO PARA 3º E. PRIMARIA
Ola!
Neste primeiro post do blog de 3º EP preséntanse unha serie de actividades xerais que che servirán de referencia para traballar cando non poidas acceder ao blog. Non se trata de facelas todas á vez, senón de seleccionar algunhas para cada día.
No blog, para cada día lectivo, engadiremos propostas de actividades máis concretas, recursos ou recomendacións.
Un saúdo afectuoso,
A titora de 3º EP.
MATEMÁTICAS
• CÁLCULO MENTAL. Realiza series de sumas ou restas mentais, practicando a túa axilidade. Pódeste cronometrar para ver o teu avance.
• PROBLEMAS. Practica con pequenos problemas as operacións básicas. Podes realizar simulacros de compras con cartos (euros) e tamén facer as túas propias moedas ou billetes. Outra idea é recoller tíckets de compras e comprobar os resultados ou calcular as voltas.
• REPASAR A TÁBOA. Podes realizala con xogos ou crear o material para traballala.
LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA e LINGUA GALEGA E LITERATURA
• Lectura diaria de calquera tipo de texto axeitado á idade (textos narrativos, textos informativos, textos instrutivos, poemas...).
• Facer resumos dalgúns dos textos lidos.
• Composición de textos: escribir contos, aventuras, describir paisaxes…
• Actividades de reescritura.
• Copiados e/ou ditados de poemas, cancións infantís ou textos breves.
• Escoitar contos ou ver vídeos e conversar sobre eles.
ENGLISH, NATURAL SCIENCE AND SOCIAL SCIENCE
Revise the units what were done in class. To improve your English Skills, you can read books and watch TV in English.
Repaso das unidades vistas en clase. Para mellorar as vosas destrezas coa lingua inglesa podedes ler libros e ver a TV en inglés.