ATA O LUNS 23!
Ola nenas e nenos de 3º!
Como xa sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa formación non presencial o luns día 23 de marzo.
Nestes días hai varias datas destacadas:
Xoves 19 de marzo: Festivo, San Xosé. Día do Pai. PARABÉNS! Xa deixei unha pequena manualidade por se queredes facer un pequeno agasallo con moito amor.
Venres 20 de marzo: Festivo de Centro. Tamén comeza a PRIMAVERA!
Un avance...con moita arte!
A primavera na pintura
Unha das pinturas máis famosas da historia da arte é A primavera de Sandro Boticelli. Pintouna cara 1480 e atópase actualmente na Gallerie degli Uffizi (Florencia, Italia). Mide nada máis e nada menos que 207 x 319 cm!
Queres vela dende a casa?
Preme na ligazón: https://www.uffizi.it/opere/botticelli-primavera
Se che gustou e queres vela mellor, ampliándoa para percibir todos os detalles, podes facelo grazas á tecnoloxía HD. Preme na ligazón:
E na música
Apetéceche escoitar A primavera, de Vivaldi?
Preme na ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=7KQdewGbQIw
(VIVALDI. As catro estacións. A primavera. 3º Movemento)
Sábado 21 de marzo: Día Mundial da Poesía.
Domingo 22 de marzo: Día Mundial da Auga.
En relación con algunhas destas datas propoñeranse actividades o vindeiro luns.
Se mentres queres seguir facendo algunha actividade do colexio podes tomar como referencia a Proposta xeral de actividades de 3º (o primeiro post do blog) lectura, cálculo mental...
Aproveito para recordarche que nós propoñemos actividades e recursos, porque seguimos traballando na túa formación, pero non é necesario que as fagas todas nin que fagas todas o día que as propoñemos. Escolle coa axuda da túa familia na medida das posibilidades! E se hai algunha dúbida atenderémola a través do correo electrónico do colexio.😄
E por último, relaxarnos e mobilizarnos un pouco con exercicios de Ioga
Preme na ligazón: Ioga todos os días
Preme na ligazón: Ioga todos os días
Unha forte aperta
A titora de 3º EP


